Logo da Xornada Mundial da Mocidade celebrada no Monte do Gozo en agosto de 1989, todos os veráns se veñen celebrando unhas xuntanzas de fraternidade en Carballo para conmemorar este evento. Así, este martes 13 de agosto, tivo lugar o encontro de amigos para celebrar a trixésima edición.
Ás 12 do mediodía chegaba ao adro da igrexa parroquial San Xoán Bautista o cardeal arcebispo emérito de Madrid mons. Antonio Rouco Varela, donde o esperaba o párroco e anfitrión destes encontros, José García Gondar.
Nesta ocasión asistiron ademais do arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Julián Barrio Barrio, o bispo de Lugo, mons. Alfonso Carrasco, e o bispo de Tui-Vigo, mons. Luis Quinteiro. Tamén participaron o vicario xeral de Santiago Victor Maroño, o vicario de A Coruña José Luis Veira Cores, o vicario xeral de Lugo Mario Vázquez Carballo, o canciller Elisardo Temperán, o director do Arquivo Histórico Diocesano Salvador Domato Búa, o reitor do Seminario Menor Manuel Ferreiro, o delegado de Medios Manuel A. Blanco, así como Andrés García Vilariño, Antonio Ferreirós, Ramón Antelo, Jesús Barrientos, Jesús Antelo Quintáns, Ricardo Villaverde, Andrés Trinquete, José Antonio Vázquez Cabarcos, Manuel Souto, Fabio Pallotta, José Sánchez Piso, José Montes,
Primeiramente, houbo un momento para a tertulia nos locais do Centro Social San Xóan Bautista. Posteriormente, unha oración ante o Santísimo dentro do templo, no que se pediu tamén por todos os falecidos que outros anos asistían a estes encontros. Ao remate, a comitiva desprazouse ao santuario de San Cristovo, un templo inaugurado na súa primeira fase o día 6 de agosto de 1982 por Mons. Rouco Varela, sendo entonces bispo administrador apostólico de Santiago. Aquí, García Gondar explicou as distintas fases polas que pasou a construción deste santuario.
Finalmente, tivo lugar a comida de confraternidade en Casa Sánchez, outra cita habitual.