Please assign a menu to the primary menu location under MENU

Actualidad

Peregrinación a O Corpiño

O sábado día 17 de novembro, dous autocares das Parroquias de Santiago de Arteixo e de  Santa Mariña de Lañas, con cento catorce fregueses e amigos das parroquias, peregrinaron ao Santuario das terras do Deza coa advocación da NOSA SEÑORA DO CORPIÑO, no ano da súa Coroación Pontificia. O Párroco, D. Andrés Trinquete, presidiu a Eucaristía  aos pes da Virxe, seguida con total devoción e participación por todos os fieles asistentes.

Despois da Misa, confraternizaron nun estupendo xantar no restaurante Casa Pablo, rematando co baile dos mais danzaríns de entre os comensais.

Arredor das sete da tarde tomaron de novo os autobuses con destino a casa, con novos folgos para afrontar os avatares diarios.